segunda-feira, 1 de outubro de 2012

El País




Remata unha esperanza e volvemos ao pasado. Avisan de que El País será máis pequeno para nós, e non por causa de que marchen os cataláns. Encolle porque, neste mercado no que estamos a desenvolvernos, as páxinas de información de Galicia non lle interesan aos compradores;  as necrolóxicas si, pero en El País  non  avisan  de enterros e   cabodanos. E  aquí sabemos seguro que todos habemos morrer algún día: se non hai esquelas, non hai periódico.



A paradoxa é que neste terra véndese ben o do país, sexa queixo, viño, pementos ou prensa. Prensa si,  pero non esa. En realidade vender non é que se venda moita, cada un edita o seu xornal, fabrica a súa noticia adaptándoa á  realidade interesada do lugar e pasándoa pola peneira da sabiduría adquirida. Non vaia ser que teñamos que crer o que nos din persoas que non saben de que vai a cousa, que viven do conto, ou pretenden vivir del. A nosa razoable máxima debe ser  desconfía e acertarás.


Mais se polo camiño nos regalan un periódico ao tempo que nos venden unha culler e un par de garfos, ou mesmo unha inutilidade que non precisamos, podemos chegar ata a subscribirnos a todo tipo de papel e así poderemos ver, mellor que se estivesen feitas, as obras que tan só promete o goberno. Claro, por iso de alegrarnos de tanta mellora e benestar!







El País anuncia agora un "ERE doloroso e inevitable". O cinco de outubro publica unha noticia avisando dun plan de xubilacións e dunha rebaixa salarial para os traballadores. “No es una cuestión de querer mejorar la rentabilidad. El periódico no puede soportar por más tiempo su actual estructura de costes”, di Cebrián. que cobra do grupo un dos salarios máis altos dos que se pagan aos executivos en España. 

Aí polas oito e media do mesmo día, en Twiter, aparecía:

 Retwitteado por 

Cal é o periodismo que nos agarda?

Ese mesmo día, pero tres horas máis tarde, vexo que comeza a colaboración de Alfonso Diez con ABC. O título de periodista teno pola universidade de C. de Alba. Escribirá unha columna sobre cine. E presume de ter aprobado de chiripa no bacharelato...




Todo o millo se secou
despois de tan longo estío
agardaba pola chuvia
por non ver campo baldío.


Igual vai o corazón
que dá o amor sen medida
se non recibe no cambio
amor que renda alegría.


O ceo, sen nos ser gris,
mudou volvéndose negro,
así virarán os bicos
que xa nunca nos daremos.


















.













Sem comentários:

Enviar um comentário